CAMPIONS LIGA DE CLUBS MASCULINO E BRONCE PA EQUIPO FEMENINO

 |
Este Sabado tarde a Liga de Clubs
Xa estan de camiño a Alemria os dous equipos élite masculino e femenio, un tramo moi longo de viaxe mil douscentos kilometros de distancia, pero eso non vai se a disculpa dos nosos pupilos que estaran o máis alto nivel e darano todo por optar o título. Sairon coma sempre con moi bo humor ainda que a viaxe e longa pero os contos e risas nunca faltan dentro do habitaculo, unhas sonecas que o cabo dunhas horas xa van apetecendo pero logo dun descanso volven a rexurdir os comentarios. Ainda que a proba xa esta un pouco fora de tempo pero van a defender polo menos o posto o segundo posto o elite masculino que por tres puntos nos sacou da victoria, mentras o equipo femenino tamen van por mellorar o quinto posto. Os equipos formanos: Equipo Elite Masculino: CANOSA FERNANDEZ, BRAIS NUNES TENRINHO, RUI FILIPE CARNEVALI DEL CASTILLO, ANDRES PAZ SOBREIRA DIEGORUANOVA FERNANDEZ, ANTON RIBEIRO, RAFAEL CASTRO SANTOS, IGNACIO MARQUES, DUARTE TRILLO BARCA, ALBERTO DOMINGUEZ GARCIA, NICOLAS. Equipo Elite Femenino: MOLAS FLORES, ROCIO CONDEÇO, LUISA FERRUM, ANDREIA DEIRA BARCALA, SILVIA VEIRA PORTELA, SILVIA CASTAÑO GARCIA, CARLA TENRINHO, SARA ISABEL COTON VAZQUEZ, DIANA MOSQUERA ESCUDERO, LAURA MARIA
¡!!!!!!!! ANIMO E BOA SORTE ¡!!!!!!!!
|
Colaboracion fundacion usc deporte
|
Cpto. España Distancia Olimpica Murcia
|
Anton Ruanova Subcampion de España - Los Alcazares Murcia. 
|
CAMPIONATO GALEGO ACUATLON EN PORTOSÍN
Diana Cotón consegue o terceiro posto absoluto de Acuatlón
No Concello de Porto do Son, máis concretamente na localidade de Portosín nas intalacións do Real Club Náutico de portosín, celebrábase este domingo o campionato galego de Acuatlón consistente en tres sectores, o primeiro de carreira a pé, o segundo de natación e o terceiro de carreira a pé e que varía as distancias según as categorías establecidas, nesta proba o clube Triatlón Arcade Inforhouse xunto co Concello de Porto do Son encargábanse de tomar as rendas da organización coa colaboración inestimable do Arcade Consultores Inforhouse e o Real Club Náutico de Portosín. Neste campionato o clube fixo gala do seu bo facer en canto a organización de probas se refire, e como xa quedara constancia no campionato galego de duatlón celebrado este mesmo ano na praza do Obradoiro, foi un éxito en todos os aspectos.
A proba, que se disputou en todas as categorías, deu cabida a 214 participantes dos cales 73 participaron na proba élite, tanto masculina coma feminina, nelas os gañadores foron Crisanto Grajales do Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial, que ainda sendo mexicano competía con licenza galega, e Marta Barbeito do A.D. Fogar, respectivamente e que se disputaba sobre unha distancia de 2500 metros a pé, 1000 metros a nado e 2500 metros a pé. Destacar nesta categoría absoluta os resultados dos nosos triatletas, o quinto posto de Oscar Alonso e o decimosegundo de Nacho Castro en masculino así coma o terceiro posto en absoluta e o primeiro de junior acadados por Diana Cotón, que ven sendo nela unha tónica habitual. Xa en categorías inferiores Laura Pais acadaba o terceiro posto en categoría benxamín, Inés Castaño conseguía un terceiro posto na infantil e en cadete Carla Castaño acadaba o cuarto posto.
Neste Campionato tamén tivo lugar unha proba popular na que os gañadores foron Antón Dopico e Rosalía García, ambos independentes, e que se disputaba en distancia de 1500 metros de carreira a pé, 500 metros de natación e 1500 metros de carreira a pé.
  
|
|
|
Páxina 5 de 30 |