• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

    DSC 0427 min

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Triatlon Promaster Palamos

O ARCADE INFORHOUSE SANTIAGO REINA NO BDREAM PROMASTER DE PALAMÓS

O EQUIPO FORMADO POR ANTÓN RUANOVA, DIEGO PAZ E BRAIS CANOSA FIXOSE CO TRUNFO NA TERCEIRA PROBA DO CIRCUITO PROMASTER POR DIANTE DO FASTTRIATLON CATALÁN Y OS DIABLILLOS DE RIVAS.

Este fin de semana tivo lugar a terceira parada do prestixioso circuíto B Dream Promaster na localidade catalá de Palamós. A ela acudía o Arcade Inforhouse Santiago co seu equipo de gala, en busca dun triunfo que se lle resistía nas dúas anteriores citas de Banyoles e Madrid. A espectacular organización e os grandes premios económicos atraeron non só á elite nacional, se non tamén a un bo número de importantes triatletas estranxeiros. Entre os favoritos destacaban o arxentino Taccone (Subcampión da Copa do Mundo de Huatulco), os ucraínos Pevtsov e Ivanov (3º na Copa do Mundo de Edmontón), o ruso Tutukin (gañador da Copa do Mundo de Holten e o polaco dúas veces olímpico, Jaskolka.

O segmento de natación, liderado por Dapena, non seleccionou en exceso o grupo cabecero, que se formou con vinte triatletas. Entre eles, ben colocados viaxaban Ruanova e Paz representando ao equipo compostelán. Canosa circulaba nun grupo posterior tras perder un minuto nos 1500m de natación. A falta de entendemento propiciou que o grupo dos líderes se fose aumentando conforme pasaban os xiros polo centro histórico de Palamós. Na última volta o olímpico polaco Jaskolka conseguía escaparse en solitario. Por detrás unha corentena de deportistas iniciaban xuntos os decisivos 10 kms de carreira a pié.

As altas temperaturas foron un xuíz importante da proba. Ruanova situábase desde os primeiros metros entre os mellores. Aínda que o seu ritmo non era o dos seus mellores días, non en balde portaba o dorsal número uno como actual líder das series, pelexou en todo momento polos postos de honra. A súa 6ª praza, unida á súa prata en Banyoles e a súa cuarta praza en Madrid, ségueo situando como un dos homes importantes do circuíto Promaster. Por detrás Diego Paz conseguía remontar nos últimos quilómetros finalizando na 18º posición, por diante do último integrante dos composteláns, Canosa na 20ª praza. Estes resultados servían para alzar ao Arcade Inforhouse todo o máis alto do podio por diante dos cataláns do FastTriatlon e os madrileños do Diablillos de Rivas. Un novo éxito que confirma aos composteláns como un dos equipos de referencia do triplo deporte a nivel nacional.

A nivel individual, Ruanova con tres top6 no tres citas realizadas do circuíto, sitúase claramente como candidato a entrar entre o vinte mellores triatletas nacionais e estranxeiros que se clasificarán para a gran final das series no Cabo de Gata o 29 de Outubro.

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.