• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    DSC 0427 min

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades Nada e Corre Vilalba


OS PEQUENOS DA ESCOLA NO CLASIFICATORIO DE VILALBA
O pasado sábado a escola do Triatlón Arcade Inforhouse estivo presente nas diferentes probas que se desenvolveron en todo o territorio Galego. Así  os máis pequenos acudiron ao “nada corre” de Vilalba, cunha representación de 9 rapaces.


O programa “nada e corre” da Federación Galega de Tríatlon, consiste en tres probas (Ribeira, Vilalba e Vigo) en cada unha das cales se clasifican catro rapaces para a gran final que se disputará o día 17 en Pontevedra.

Nesta segunda proba, unha vez mais, os nosos rapaces demostraron a súa progresión e desfrutaron dunha xornada marcada polo bo ambiente e o frío das terras lucenses.

Os resultados por categorías foron os seguintes:

-          Na categoría Benxamín terceiro posto para Laura Pais e 8º e 9º para Martín e Iago que quedaron a poucos segundos da clasificación para o galego.

-          Con tres representantes, os alevines tiveron unha boa actuación; así, Daniel Losada quedou 12º unha nova cebra que competía por primeira vez e Duarte e Marco que despois de facer o mesmo tempo na natación finalizaron 7º e 9º respectivamente.

-          A representante en mulleres na categoría infantil foi Chelo, que  acadou o 10º posto cunha notable melloría na natación e un dos mellores tempos na carreira. Mentres que Jesús e Leo acadaron o 11º e 13º posto.

-          O “veterano” da expedición o Brais Otero cumpriu o seu obxectivo que era a clasificación para Pontevedra cunha gran carreira a pe acadando o 2º mellor parcial.

A última cita antes da final, será en Vigo o 10 de marzo  na que o Arcade Inforhouse volverá acudir coa súa escola de triatletas para disfrutar doutra xornada deportiva.

 
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.