• XornadaDeportivaXornada deportiva do Nadal

    Unha mañà con Anton Ruanova recordando el mesmo os comenzos coa base dos triatletas do clube..

     

  •  

     Foto Oficial Temporada 2018

     

    DSC 0427 min

     

  • Liga Subcampións de España  Liga de Triatlon 2016

     

  • CARTEL WEB Duatlon XV Dúatlon Cidade de Santiago

     

  • Formulario de Inscripción para Probas Formulario de Inscripción Formulario de Inscripción para Probas

     

  • SliderDiegoPAz Campión  Diego Paz campion galego Triatlon D.Olimpica.

Inicio Actividades COMENZA A POSTA A PUNTO EN LUGO

COMENZA A POSTA A PUNTO NO DUATLON DE LUGO CON CATRO PODIOS.

 

O domingo 24 celebrouse a 23 edición do Duatlón de Lugo a onde acudiron 18 deportistas do Triatlón Arcade Inforhouse Santiago conseguindo uns fantásticos resultados.



Primeira proba do campionato galego de duatlón de estrada polo que era unha cita moi esperada por tódolos deportistas, xuntándose uns 180 deportistas.

 

A maña presentábase con moito frío e con posibilidade de choiva. As 10 da mañá dou inicio a proba feminina onde contábamos con dúas representantes, conseguindo finalmente un segundo posto con Carla Castaño na categoría de cadetes. Uns minutos despois dou saída a proba de grupos de idade onde se reunían uns 130 atletas destacando os resultados de Brais Otero conseguindo un segundo posto na categoría cadete masculina e Jenssen Galán entrando en meta na cuarta posición cun tempo similar os tres primeiros.

 

As 11:30 dou inicio a proba Elite masculina con sete deportistas do Triatlon Arcade Inforhouse onde fixeron un papel moi destacado dende o principio. Púdose ver a Nicolás Domínguez marcando o mellor tempo o rematar o primeiro sector a pe e demostrando o seu fantástico estado de forma, quedando en cuarta posición a pesar dun pinchazo na bicicleta. A destacar tamén a actuación de Ignacio Castro que conseguiu un fantástico 3º posto na categoría Júnior e Brais Canosa que a pesar de non chegar nas súas mellores condicións físicas acadou un 3º posto na xeral e así conseguir xunto coa axuda de Luis Calvo (5º) un segundo posto por equipos.

 

O sábado 2 celebrase en Guitiriz a segunda proba do campionato galego e alí acudirán os nosos deportistas para intentar mellorar os resultados de Lugo.

 
Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUI . Se segues navegando, aceptas a nosa politica.