Avisos
Triatlon : VII Triatlon Riazor
IMPECABLE ACTUACION DO ARCADE INFORHOUSE EN RIAZOR
. Brais Canosa vence con autoridade, Roberto Barral segundo e Diego Paz cuarto
. Primeiros por equipos masculinos e terceiros por equipos en femenino.
. Roberto Barral Campion Junior e Nacho terciero.
. Alba Paz terciera en Sub23.
A praia de Riazor foi hoxe unha imaxen de cebras e podios po noso clube, cun gran numero de triatletas entre grupos de idade e Elite. Comenzaron as élite femeninas con Barbara, Laura, Anna, Silvia, Alba e Carla en tirarse a auga esta moi fria por certo pero eso non foi disculpa pa loitar por un titulo por equipos que soupo moi ben, e que lle valera pa ir con ganas a Liga de Clubes. Na elite masculina Diego Paz que foi o primeiro xunto con Pablo Dapena en sair das augas frias de Riazor cunha pequena diferencia de tempo con respecto do grupo perseguidor no que viñan Brais e Roberto, este ano nun ciruito de bici mais vistoso xa que fixose de extremo a extremo da praia, y donde Diego con Pablo fixeron os dous en solitario a bici ata transicion perseguido por Brais e Roberto a uns 30 segundos e un pouco mais atras Nacho que tamen viña no seguinte grupo a moi bo ritmo, tamen temos que decir que Lousa saeu moi ben da auga pero que un pinchazo ainda que cambiou a roda quedando descalificado pero fixo un impresionate carreiron de bici e a pe unha demostracion do forte que esta, e entrando no tempo de corte, xa feita a transicion na carreira a pe aquí os poucos centos de metros xa Brais empezou a impoñer o seu ritmo forte de carreira perseguido por Roberto e por detras no cuarto posto Diego Paz, Nacho no decimo posto. Barbara tamen acada o cuarto posto en Junior. Martin Liste o quinto posto en Cadete. Tamen temos que darlle un recoñecemento moi bo o resto de triatletas do clube que participaron tanto en elite como en grupos que os resultados foron moi bos. Polo tanto a continuar todos con ánimo e Noraboa.
Aviaman: Triatlon de Longa Distancia
BOAS SENSACIÓNS NO CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLON LONGA DISTANCIA, CRISTOBAL DIOS CAMPIÓN SUB23 E 3º POR CLUBS.
Xa podemos decir que o club conta nas suas filas con especialistas na longa distancia, e non o fan nada mal. O pasado fin de semana celebrouse o Campionato Galego de Tríatlon de Longa Distancia, entre os municipios de Castrelo de Miño, Leiro e Avión. A proba destacaba polos seus duros percorridos, sobre todo o sector de bicicleta, aínda que xa de por sí é durísima polos 2.000 metros de natación, que tiveron que facer con neopreno pola baixa temperatura da auga, 80Km. en bicicleta, cun percorrido con 1.700 metros de desnivel, cunha paisaxe especular, ramplas de ata o 18% de pendente e dous portos de primeira categoría. E por último, 20Km. de carreira a pe, nun sector máis suave, con terreo de todo tipo (terra, herba, pedra e asfalto).
Para esta proba o club contaba con 4 participantes masculinos, Pablo Israel Rodríguez, Cristobal Dios, Vicente Guzmán e Xabier Nercellas, que non se presentou a última hora por unha lesión, e unha representante feminina, Grit Hagen.
Pablo situouse en todo momento nos primeiros postos, saíu da auga na 3ª posición, a pouca distancia do primeiro, Vicente e Cristobal saían pola metade do grupo, aínda quedaba moita carreira por diante, pero Pablo non quería perder o seu lugar na carreira e mantivo un ritmo bastante forte na bicicleta, pola súa parte Cristobal, exciclista, encontrou o seu lugar e a remontada que fixo nos 80Km. foi espectacular, mentras que a Vicente facíaselle un pouco máis duro este percorrido. Despois de baixarse da bicicleta aínda quedaban por diante os 20.000m. a pe., unha vez collido o ritmo non o deixaron, desta maneira, Pablo Israel entrou en meta en cuarta posición cun tempo total de 4horas 27 minutos e 58 segundos, a tan só 10 minutos do podiom; pouco despois entraba Cristobal Dios en 6ª posición e proclamándose Campión Galego Sub23 de Triatlon de Longa Distancia. Vicente entraba en meta máis tarde ocupando a 38 posto na clasificación e dándolle desta maneira o 3º posto por clubs o equipo.
A nosa única representante feminina nesta especialidade, Grit Hagen, fixo tamén unha salientable proba, aínda que na auga perdeu bastante tempo con respecto as outras mulleres, no sector ciclista conseguiu encontrarse ben facendo un moi bo tempo e colocándose moi preto da segunda e terceira, pero os últimos 20.000m a pe serían os que marcarían as diferencias e o podiom, Grit conseguiu manter a sua posición entrando en meta como 4ª clasificada.
Moi bos resultados nesta durísima proba; todos eles demostraron que son deportistas cun moi bo nivel tanto físico como psicolóxico, xa que ambos fan falta para afrontar este tipo de probas que non están o alcance de calquera.
|
Triatlon : Triatlon Popular Oleiros TRES PODIOMS NO TRIATLON DE OLEIROS, EMILIO LOUSA 2º ABSOLUTO E CAMPIÓN EN VET1, E ALBA PAZ CAMPIONA SUB23 Empezou a tempada de triatlóns e o encargado de dar o pistoletazo de saída foi o Triatlón de Oleiros, que contou cunha gran participación xa que se esgotaron as plazas en poucas horas, por isto moitos dos nosos deportistas non puideron participar, aínda así os logros foron destacables. Alba Paz, única representante feminina do club, saíu da auga na segunda posición, pero o ritmo que impuxeron as súas rivais na bicileta foi fortísimo deixando a Alba un pouco rezagada, e no sector da carreira a pe logrou manter a posición, incluso intentando dar alcance a terceira aínda que non o conseguiu e entrou en meta na cuarta posición pero proclamándose Campiona na categoría Sub23. Na carreira masculina o club contaba con máis participantes, o mellor do club foi Emilio Lousa, que di que está tocado, senón o chega a estar!! Lousa despois de enfrentarse os 750m de natación e saíndo bastante cerca da cabeza fixo un carreirón na bicicleta facendo o mellor tempo neste sector, so quedaban por diante os 5.500m. a pe que sería onde se disputaría o triunfo da proba, que por moi pouco se lle escapou a Lousa que entrou en meta na segunda posición a tan só 13 segundos do primeiro. Con esta posición, Emilio Lousa tamén conseguía proclamarse Campión na categoría Vet1. Os seus compañeiros de equipo tamén conseguiron bos resultados, Pablo Sánchez, que facía o seu debut no equipo, encontrou a súa posición facendo unha carreira moi regular, e conseguindo a 15ª posición. Tamén é o moi salientable a actuación de Óscar Fdez Vázquez que a pesar de sair bastante atrás da auga fixo unha impresionante carreira en bici remontando posición e rematando na 18ª posición. Óscar Fdez González foi 22º, Alberto Pereiras 27º, Luis Ángel Castelo 41º, José Alberto Castelo 51º, Quico Iglesias 73º, Daniel Rodríguez 75º. |
Duatlon Escolar : Duatlon Escolar Boiro - Final - Carla Castaño Bronce e Equipo Cadete masculino Bronce tamen Pasiño a pasiño a escola de Triatlon Arcade Inforhouse baixe forxando e con moi bo pe. Boiro foi este ano o lugar de celebracion da final escolar de duatlon nun circuito de bici na que a recta mais larga era de aproximadamente cen metros e con moito peligro pa todolos duatletas debido as curvas. Pero ainda asi o clube presentouse cos equipos Benxamins Alevins Infantis e Cadetes en categorias masculinos/as cun total de quince deportistas clasificados pa esta final. |
















